Noite de Lúa
Noite de Lúa
Sense existències ara
Rep-lo a casa quan estigui a la venda per Missatger o Eco Enviament*Sobre el libro Noite de Lúa de Paolo (Ilustrador/a) Domeniconi i Guia Risari publicado por Kalandraka en 2026:
Unha invitación a contemplar e compartir a beleza da Lúa.
Aprendera dende pequeno a mirar o ceo e a noite, sobre todo a maxestosa saída da Lúa. “Dime, Lúa, como estás? “, preguntaba Paulo. “Baixa, por favor. Gustaríame tanto que todos aquí puidesen admirarte...” A Lúa non respondía e non se movía nin un centímetro, ata que unha noite comezou a descender.
Escrito por Guia Risari cunha linguaxe poética e evocadora e ilustrado por Paulo Domeniconi con gran detallismo e cun brillante tratamento da luz, “Noite de Lúa” é un álbum ilustrado no que texto e imaxe conflúen de maneira harmónica para narrar unha historia tenra e emotiva sobre a necesidade da beleza e a importancia de compartila e gozala en colectivo.
Unha proposta fascinante para lectoras e lectores de todas as idades que nos convida a descubrir a beleza da Lúa —inesgotable fonte de inspiración para a creación artística— e nos envolve na súa atmosfera onírica chea de misterio e curiosidade.